Blog da Biblioteca do CEIP San Martiño

Salcedo-Pontevedra
____________________________________________________________________________________________________________________________________

martes, 18 de decembro de 2012

VISITA DE ANXO MOURE “O APALPADOR"


O xoves, 14 de decembro, recibimos a visita dun personaxe mítico que vive nas Serras do Courel e do Cebreiro, na provincia de Lugo, é o "Apalpador", que polo Nadal baixa a traerlle castañas asadas aos nenos cando están durmidos e  despois apálpalle as barriguiñas para comprobar se comeron ben.
Anxo Moure é un escritor e conta contos. Ademais fai o personaxe de "Apalpador".
Cando entrou na nosa Biblioteca , o primeiro que fixo foi facernos unha proba:
 tiñamos que responder a tres preguntas:
-Sodes de xoguete?- Nooon!!!
-Sodes dos que queiman os bosques ?- Nooon!!!
-Sodes dos que ensucian os ríos e os bosques ?- Nooon.!!!
Entón xa podiamos ser todos Apalpadores cantando esta canción :
Apalpa barrigas son,
apalpo a barriga coa miña man,
e traio castañas asadas
aos nenos e nenas que comen san.
Todos xuntos dixemos que non a moitas chuches e si aos bocadiños e a comida sana.
Despois ensinounos a mirar o mundo a través das árbores.
 E co seu cabaliño de madeira“ Caramulo” nos transportamos ás Serras do Courel.
Alí respiramos o aire puro da natureza e dixemos: gracias carballos, gracias sobreiras, bidueiros, buxos, acivros...
Logo démoslles apertas ás árbores que eramos nós que faciamos o personaxe dunha árbore. E rematamos escoitando a súa música que saía da buxeira, unha frauta feita de buxo e pereira , un invento que estreou  Anxo para nós. O seu son é moi alegre. Gardamos a súa música nas nosas mans, e se a escoitamos cando estamos tristes enseguida nos fai rir.
Para rematar dedicounos o seu libro, O Carballo con Botas, e algúns autógrafos.
Así foi... todo tan divertido...


Ningún comentario: