venres, 19 de decembro de 2014
mércores, 3 de decembro de 2014
O MAGOSTO
O M A G O S T O
Coma
todos os anos por estas datas non podemos pasar sen celebrar a festa do MAGOSTO. Desta vez, tivemos que retrasala bastante por culpa da chuvia
Pasámolo
moi ben, divertímonos moito cos xogos populares. Os de sexto foron os
monitores coa supervisión dos profesores. As castañas asadas estaban moi ricas, e comémolas todas .
Os de 6º quedaron moi esgotados despois de facer de profesores por un día nos xogos, comprenderon a difícil tarefa de ser profesor, inda que lles gustou moito.
Alto
estou,
barbas
teño,
por
unha risada
perdo canto teño.
xoves, 30 de outubro de 2014
CÓNTAME UN CONTO...
Para nós
ir á biblioteca é unha festa todo o
curso, mais no mes de outubro, por ser o 24 O Día das Bibliotecas, celebrámolo
de maneira especial. Dende xa fai anos, facemos unha actividade titulada: CÓNTAME UN
CONTO, que consiste en que o alumnado máis grande do colexio, en concreto, os cursos 4º, 5º, e 6º cóntanlles un conto ao resto, que son os pequenos de Infantil
e 1º, 2º e 3º de Primaria.
Os
preparativos teñen que empezar con tempo,
porque hai que facer os grupos de contadores, elixir os contos que se han de contar, traducilos
ao galego se están noutra lingua e
despois ensaiar.
Os
recreos e as horas da ler convértense por uns días en aulas de teatro para que os contos estean listos para o día que toca a
contada.
Así
durante estes días, saíron a pasear polas aulas, corredores e biblioteca do colexio: a
Carapuchiña cos Tres Porquiños e os dous lobos, Os Músicos de Bremen , O Gato
con Botas e Hansel e Gretel todo aderezado cunhas Fabas Máxicas . Non faltaron personaxes de nova creación inventados polo alumnado de 6º de Primaria como: A Princesa do Século XXI e tamén A Banda de Inimigos .
Que ben o pasamos estes días, gozando de contar e escoitar contos, os contadores son tan aplaudidos polo público, que sempre teñen que repetir a contada, unha e ata dúas veces ou máis.
Vivan os contos!!!!
Vivan
as bibliotecas !!!!!
domingo, 26 de outubro de 2014
OUTUBRO: MES DAS BIBLIOTECAS
A vida dunha Biblioteca nin se imterrompe nin remata nunca: sempre está a dar vida aos libros e ás lecturas...
Este mes de Outubro, de forma especial, está traballando para celebrar o mes das Bibliotecas, por iso hai moita actividade no colexio.
Estes días precisamente rematouse un mural colectivo no pasillo inferior, no cal participou todo o alumnado.
Inspirándonos no modelo da árbore da vida de Gustav Klimt, deseñamos una composición titulada A árbore dos libros. Cada lectura recordada de forma particular por parte dos nosos alumn@s e profesor@s foi plasmada nas follas desta árbore tan esepcial.
Quedará connosco durante un tempo para que poidamos con ela rememorar grandes momentos de lecturas...
xoves, 26 de xuño de 2014
martes, 24 de xuño de 2014
E ASÍ DESPEDIMOS O CURSO 2013-14....
Queda aquí para o recordo de tod@s estas imaxes, feitas no centro o día do festival fin de curso, así como unha reportaxe gráfica que nos cedeu amablemente o pai de Raquel García, unha das nosas alumnas de 4º de Primaria. Dámoslle as grazas por compartir con tod@s o seu traballo!
Sen máis, Felices Vacacións, bo descanso e aquí vos esperamos o próximo curso!
xoves, 15 de maio de 2014
luns, 5 de maio de 2014
SEGUIMOS APOSTANDO POLO CORRELINGUA...
O luns, día 5 de Maio, o alumnado de 4º e 5º curso, baixo o
lema “Galego, o paso adiante” percorrimos as rúas do casco histórico de
Pontevedra cun dorsal que levaba unha palabra en galego, para así animar a
todas as persoas a falar na nosa lingua.
Logo na praza da Ferrería, escoitamos o manifesto que
escribiron os nenos e nenas dun instituto de Sada e vimos a actuación dun grupo
moi marchoso chamado“Superoito”.
O mellor foi que nos deron un diploma por participar e varios
libros de agasallo.
Ao final cada cole soltou un gran globo co nome do seu centro
e todos foron subindo como se foran os planetas movéndose polo universo.
¡¡¡¡Viva a nosa
lingua!!!!!!
martes, 25 de marzo de 2014
COCIÑANDO CONTOS NO XV SALÓN DO LIBRO EN PONTEVEDRA
O pasado luns, día 24 de marzo fixemos a nosa visita ao Salón do Libro de Pontevedra que este ano leva por lema "Cociñando Contos".
O noso Centro aparte de visitalo, tamén contribuíu con varios proxectos, como por exemplo "Os clásicos larpeiros", " Cocido na selva"... que se elaboraron no centro entre o alumnado de Infantil e Primaria.
luns, 10 de marzo de 2014
PREMIOS CONCURSO - REDACCIÓN "A MULLER TRABALLADORA"
Hoxe, 10 de marzo celebrouse o acto de entrega dos Premios do Concurso de Redacción "A Muller Traballadora", ao cal asistiron o Concelleiro de Normalización, D. Demetrio Gómez e a Concelleira de Benestar Social, Dna. Carmen Fouces. Grazas aos dous por acompañarnos nesta mañá e compartir coa nosa comunidade educativa este momento de alegría
Esta actividade sobre as mulleres traballadoras, organizada no CEIP San Martiño, entra
dentro do programa municipal, Memoria das mulleres, promovido polo Concello de
Pontevedra, coa idea de coñecer e difundir a historia das mulleres
traballadoras do noso entorno.
Consideramos este
obxectivo moi importante para conseguir entre todos e todas dignificar a vida e
o traballo das mulleres, xa que ata hai pouco tempo e incluso agora mesmo se
dan casos nos que isto non é así, pois sabemos que existen por desgraza
situacións de desigualdade, situación de violencia e está nas nosas mans,
sobre todo na competencia das autoridades
e tamén na dos nosos políticos conseguir que a sociedade elimine esta
inxustiza de xénero.
Dende o EDLG deste Centro, coordinado pola profesora Puerto
Garrido, crimos pois que esta actividade serviría para que o noso alumnado
coñecese e valorase a moitas das mulleres traballadoras que dende o anonimato estiveron
ou están sempre aí presentes nas súas vidas, falamos de moitas avoas, bisavoas,
madriñas, nais… que ofrecen o seu día a día ao ben dos seus seres queridos.
Esta foi a razón principal de convocar este concurso redacción e temos que
dicir que estamos moi satisfeitos cos resultados.
Felicitamos aos
gañadores e gañadoras e felicitamos tamén aos demais participantes,
que aínda que non acadaron premio, posto que como é sabido non é posible
premiar a todos nun concurso, temos que dicir que as redaccións presentadas
tiñan una calidade e un sentimento tales, que ao xurado costoulle moitísimo
decidirse. Todas as redaccións eran merecedoras de premio!!!
O final do acto tivo un carácter festivo grazas á intervención desinteresada do Grupo Folclórico de Marcón Airiños da Fracha. Moitas grazas a estes fantásticos músicos que nos deleitaron co seu ánimo, alegría e maxistral interpretación nas pezas musicais que nos regalaron!!!
domingo, 23 de febreiro de 2014
VISITA AO FORNO DA PANADERÍA
– PASTELERÍA ACUÑA
Esta actividade encádrase
dentro do proxecto documental programado para 4º de E. Infantil, sobre o
proceso de elaboración do pan, que se está a traballar neste trimestre.
Co seu gorro de panadeir@s escoitaron atentamente a explicación
paso a paso deste proceso, disfrutaron amasando para facer os seus propios
boliños de pan e ata tiveron tempo de degustar algunha das exquisiteces que alí
preparan.
O noso agradecemento a todas
as persoas que alí traballan e fixeron posible que esta actividade se levara a
cabo.
OBRADOIRO DE COCIÑA
O martes, 17 de febreiro tivemos o gusto de contar no noso centro cunha actividade que nos deixou a tod@s moi bo "sabor de boca", grazas á colaboración de Mª Carmen Muíños, nai dunha alumna de 4º de Primaria e cociñeira profesional, quen veu a impartirnos un Obradoiro de Cociña, e que nos aprendeu a elaborar unha tarta de nata con froita.
Esta actividade encádrase dentro do primeiro proxecto de Biblioteca "Cociñando Contos", que coincide coa temática do XV Salón do Libro no cal participamos.
O alumnado de 4º de Primaria divertiuse, aprendeu, descubriu un mundo novo para eles e ademais degustaron na hora do recreo unha tarta de nata con froita que estaba de 10!
Aquí deixamos unhas imaxes para que o poidades comprobar:
domingo, 9 de febreiro de 2014
JACOBO FERNÁNDEZ NA NOSA BIBLIOTECA!!
O pasado venres, 7 de febreiro, tivemos a sorte de contar na nosa Biblioteca coa presenza de Jacobo Fernández Serrano.
Debuxante e escritor vigués, conta coa publicación de varias obras de banda deseñada, como Marcopola, ademais de ilustrar libros de literatura infantil como O raposo e a mestra de Manuel Rivas ou Nunavut de Xoán Abeleira. Foi Premio Merlín, 2009 pola súa obra obra Mil cousas poden pasar; vencedor do III Premio Castelao da Deputación da Coruña coa obra As Aventuras de Cacauequi (2007); candidato aos premios do Saló de Barcelona de 2009 como autor revelación grazas a dúas obras de 2008, os álbumes de Archimboldo Roque e de Cacauequi... e máis cousas que ten no seu haber profesional...
Veu ao noso centro para contarnos cómo é o proceso de creación dun libro, como se realizan as ilustraciñons do mesmo, ademais de contarnos moitas curiosidades do proceso de maquetación e publicación. Tivo a amabilidade de respostar a todas as nosas preguntas e de deixar o seu autógrafo nos libros da nosa Biblitoeca, así como de asinar e de realizar algún debuxo nos libros de Nunavut que leran os alumnos de 6º na súa Hora de ler.
Gracias Jacobo por adicarnos o teu tempo!!!
En San Martiño seguiremos atentos ao teu estupendo traballo!!!
Debuxante e escritor vigués, conta coa publicación de varias obras de banda deseñada, como Marcopola, ademais de ilustrar libros de literatura infantil como O raposo e a mestra de Manuel Rivas ou Nunavut de Xoán Abeleira. Foi Premio Merlín, 2009 pola súa obra obra Mil cousas poden pasar; vencedor do III Premio Castelao da Deputación da Coruña coa obra As Aventuras de Cacauequi (2007); candidato aos premios do Saló de Barcelona de 2009 como autor revelación grazas a dúas obras de 2008, os álbumes de Archimboldo Roque e de Cacauequi... e máis cousas que ten no seu haber profesional...
Veu ao noso centro para contarnos cómo é o proceso de creación dun libro, como se realizan as ilustraciñons do mesmo, ademais de contarnos moitas curiosidades do proceso de maquetación e publicación. Tivo a amabilidade de respostar a todas as nosas preguntas e de deixar o seu autógrafo nos libros da nosa Biblitoeca, así como de asinar e de realizar algún debuxo nos libros de Nunavut que leran os alumnos de 6º na súa Hora de ler.
Gracias Jacobo por adicarnos o teu tempo!!!
En San Martiño seguiremos atentos ao teu estupendo traballo!!!
mércores, 5 de febreiro de 2014
DIA DA PAZ 2014
O 30 de xaneiro celebramos o Día Internacional da Paz, realizando varias actividades que se compartiron con todo o alumnado do centro.
Destacamos a figura do inolvidable Nobel da Paz, Nelson Mandela, recentemente falecido e que nos deixou unha lección de loita, de perseverancia e de nobleza na búsqueda constante da verdade e da xustiza para os seus e para o seu país. Con el aprendemos a reflexionar sobre cuestións relacionadas coa paz, co crecimento persoal e coa importancia de ser auténticos e honestos no camiño da vida.
Quedaron reflectidas moitas das súas sabias frases nun mural colectivo, que fixemos entre todos e que está exposto no pasillo inferior do centro.
Asistimos tamén ao relato dun conto do célebre Giani Rodari, que se titulaba Xaime de cristal, e que foi relatado pola profesora Mercedes Escudero, acompañado dunha proxección de diapositivas.
Xaime, o protagonista deste conto, ten moito en común coa figura estudiada de Nelson Mandela, pois el tamén nos trae a mensaxe de que a verdade é máis forte e poderosa que calquera outra arma para conseguir a paz no mundo.
Ao final rematamos as actividades deste día dun xeito festivo cantando entre todos cancións, que falaban sobre a paz e que tiñamos ensaiado nas aulas.
venres, 24 de xaneiro de 2014
ACTIVIDADE CO CORPO NACIONAL DE POLICÍA
Como en anos anteriores o CEIP San Martiño participou no PLAN DIRECTOR , actividade estructurada nunha parte teórica consistente nunha charla dada ao alumnado de 3º ciclo sobre os perigos do uso da Internet e das redes sociais ademais doutros temas relacionados coa convivencia nos centros educativos, complementándose hoxe venres cunha exhibición do parque móvil e doutros materiais específicos do Corpo da Policía Nacional.
Dende este blog queremos deixar constancia gráfica deste día tan especial para o noso alumnado, no que ademais de poder acercarse ao mundo desta noble profesión, puideron pasar un momento de lecer inolvidable para todos eles.
Agradecemos por último a implicación de todos os membros do CNP nesta actividade, especialmente ao Inspector D. Manuel Vázquez, os cales trataron con moita atención e cariño a todos os que formamos parte da comunidadfe educativa do CEIP San Martiño.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)